
Imos a crear este fondo de pantalla mediante o Gimp dunha forma moi fácil:
- Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels.
- Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido-> Semilla aleatoria->Turbulento. Con un nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo.
- A continuación aplicaremos Filtros->Artísticos->Viñeta, cun radio de máscara de 9,50 e unha porcentaxe de negro de 1,000.
- Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 100. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla.
- Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro.
- Como último filtro aplicamos Filtros->Distorsións->Remolinos e aspiración, con un ángulo de remolino de entre 130, a Cantidade de pellizcos en 0,11 e o radio en 1.
- O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final.
- Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar->Voltear horizontal.
- Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”.
- Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a opción “aplanar imaxe”.
- Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear. Aquí elixes a cor que máis che guste modificando os niveis, a luminosidade ou a saturación.
- Cando a gardes, fixate de poñer a extensión da imaxe en JPEG y a calidad a 100.
Imos a crear este fondo de pantalla mediante o Gimp dunha forma moi fácil:
- Creamos unha imaxe nova co tamaño de resolución da nosa pantalla. Por exemplo, 1280x800 pixels.
- Agora imos a Filtros->Renderizado->Nubes->Ruido sólido-> Semilla aleatoria->Enlosable. Cun nivel de detalle 15 e o tamaño dos eixes ao máximo.
- A continuación aplicaremos Filtros->Artísticos->Viñeta, cun radio de máscara de 21,00 e unha porcentaxe de negro de 1,500.
- Para crear as “fibras” que forman a base deste efecto aplicamos Filtros->Desenfoque de movemento no modo Acercamento (Zoom) e a lonxitude a 100. IMPORTANTE: Na ventá deste filtro deshabilita a “vista previa” antes de mover os niveis para evitar que se colgue o ordenador. Pincha en aceptar e espera un intre ata que se cargue por completo a barra verde no fondo da pantalla.
- Para mellorar o resultado repetimos este filtro cos mesmos valores. Para iso pincha en Filtros->Repetir “Desenfoque en movemento”. Volve a esperar ata que remate a aplicación do filtro.
- Como último filtro aplicamos Filtros->Distorsións->Ondas, en modo "manchar" cunha amplitude de 15,00, fase 0,00 e lonxitude de onda de 20,00.
- O resultado de todos estes efectos será unha especie de molinete en branco e negro, que servirá como base para conseguir a imaxe final.
- Agora duplicamos a capa (Capa->Duplicar capa) e volteámola ca opción Capas->Transformar->Voltear verticalmente.
- Cambiamos o modo de fusión a “clarear solo”. Para isto imos a ventá de capas e no despregable de modo eliximos “Clarear solo”.
- Unimos todas as capas facendo clic dereito sobre as miniaturas das capas e seleccionando a opción “aplanar imaxe”.
- Para darlle cor a imaxe resultante utilizamos a opción Color->Colorear. Aquí elixes a cor que máis che guste modificando os niveis, a luminosidade ou a saturación.
- Cando a gardes, fixate de poñer a extensión da imaxe en JPEG ¡E a calidad a 10!
No hay comentarios:
Publicar un comentario