Todos vos preguntaredes qué é, pois iso os vou a contar agora:
Calquera imaxe que se capture nun medio electrónico é dicir a través dun escáner, cámara dixital ou polo mesmo ordenador.
¿Como se forma?
Fórmase creando píxeles (retícula rectangular formanda por celdiñas). Cada unha de esas celdiñas chámase pixel. Os píxeles son a unidade de color que forma a imaxe, sen ter unha medida concreta.
Cada un deses cadradiños que vemos son os denominados píxeles |
A imaxe dixital está formada por unha matriz de píxeles (a x b x c), onde a e b representan a anchura e altura e c é a profundidade da cor o profundidade do bit.
Cada pixel soamente pode ter asignado unha cor. Se se di que a foto ten 256 cores é que un pixel pode ter unha cor desas 256 cores.
Modo da cor
Chamamos "modo da cor" ao sistema que nos sirve para describir as cores de forma numérica, podendo afectar ao tamaño da imaxe en disco e ó número de canles de cor que utilizan. Os principais son: RGB (vermello, verde e azul), HLS (tono, luminosidade e saturación) e CMYK (cian, maxenta, amarelo e negro).
Resolución da imaxe
A resolución ven dada polo número de puntos impresos por unidad de superficie, aínda que tamén ten outras características.

Cambios de tamaño
En realidad e o cambio no tamaño en píxeles da imaxe. Pódese facer de dous tipos:
- Interpolación al alza; se temos unha imaxe de 300x300 e queremos pasala a 600x600, hai que ampliala e crear máis píxeles dónde antes había un, isto chámase interpolación.
- Interpolación á baixa; o programa vai a eliminar información con a que a imaxe pode resultar deteriorada se o cambio de resolución pode ser alta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario